Thursday 02 de May de 2024

Ovidio Rodeiro participa na apertura do primeiro concesionario nissan de carballo


O delegado territorial da Xunta na Coruña destacou que Galicia é un referente mundial na automoción, “o que significa que as empresas deste sector son sinónimo de innovación, emprendemento e calidade”

O grupo de empresas Dimolk puxo en marcha hoxe o concesionario Nissan Antamotor en Carballo, o primeiro da marca xaponesa na zona de Bergantiños-Costa da Morte, inauguración na que participou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

O delegado destacou que Galicia é un referente mundial na automoción, “o que significa que as empresas deste sector sodes sinónimo de innovación, emprendemento e calidade, gazas ao traballo compartido e a unión de esforzos de empresas como este grupo Diomolk, dos traballadores, do Cluster de empresas de automoción de Galicia, do centro tecnolóxico de Automoción de Galicia e da propia Xunta”.

Rodeiro tamén fixo referencia ao Plan de Movilidade Eficiente da Xunta de Galicia, consensuado co sector, e aberto á presentación de solicitudes ata o 6 de novembro. O representante do Goberno autonómico lembrou que “conta 1,1 millóns de euros, á renovación de automóbiles de particulares, autónomos e empresas”.

Este plan de renovación compleméntase co Plan Moves pensado para incrementar a adquisición de vehículos con tecnoloxía eléctricas ou híbridas. O Plan Moves conta en Galicia con preto de 2,6 millóns de euros para a súa execución.